lunes 28/9/20
O contaxiado é da mesma unidade familiar que o caso detectado este domingo na vila

Confírmase outro positivo máis por Covid en Xinzo de Limia

Os dous afectados atópanse en illamento nun domicilio particular en Ourense.

Centro de saúde de Xinzo de Limia, na rúa Ladeira da vila antelá. | FOTO: Noelia Caseiro.
Centro de saúde de Xinzo de Limia, na rúa Ladeira da vila antelá. | FOTO: Noelia Caseiro.

O Concello de Xinzo vén de confirmar un segundo caso de Covid-19 na vila. Trátase da persoa que convivía co caso detectado este domingo.

Ambas están agora en corentena nun domicilio particular de Ourense.

Fontes da corporación municipal afirman que xa procederon a desinfectar o entorno da vivenda destas dúas persoas.

Medicina Preventiva segue a facer o rastrexo entre os seus contactos.

O grupo de Goberno transmite a importancia de manter a máxima precaución de cara a evitar novos contaxios e agradece a colaboración dos limiáns.

Comentarios