Constituído o Consello Escolar Municipal de Xinzo

577
Constituído o Consello Escolar Municipal de Xinzo

Primeira reunión este xoves as 09:30

IES Lagoa de Antela,IES Cidade de Anqtioquia, CEIP Carlos Casares; CEIP Rosalía de Castro; Conservatorio de Xinzo e Escola Municipal de Gaitas son os centros escolares que formarán parte do órgano conformado esta maña, no que participan tamén Servizos Sociais e Policía Local, así como o propio Concello de Xinzo.

23 MEMBROS

IMG_1560-2Este Consello Escolar Municipal estará conformado por 23 membros. Cinco representantes do profesorado, 6 en representación das ANPAS dos centros escolares, 2 mestres ,un do conservatorio e outro da Escola de Gaitas; tres representantes do alumnado(IES e Conservatorio) e 7 representantes do Concello(3 da C. de Servicios Sociais,3 da C. de Educación e o Alcalde, como presidente nato)

O alcalde da vila que será o presidente abriu a primeira sesión na que aclarou que si algún sector queda fora do mesmo o concello está disposto a diminuír os seus postos para que a presenza neste órgano consultivo sexa aínda mais plural, se fose necesario.

3 REUNIÓNS CADA ANO

En principio e a espera de que a Xunta acepte os estatutos que hoxe foron aprobados terán tres reunión ordinarias anuais. A primeira a comezos de curso, a segunda despois do entroido e a última a fin de curso, onde se analizará a marcha do curso e o grado de cumprimento dos obxectivos propostos a principio de curso.