domingo 24/1/21

O convento do Bon Xesús de Trandeiras vítima do vandalismo

Numerosas pintadas cubren as paredes do claustro e o lixo acumúlase nos arredores

    O mosteiro de Trandeiras do século XVI estase convertendo nun espazo danado pola falta de civismo. As paredes do claustro do convento están recubertas por pintadas que desmelloran os restos que se conservan da construción.

pintadas

Na zona do xardín, dotada de bancos e mesas de madeira, pódese ver como se acumula o lixo. 

lixo

Estes inconvintes e a falta de medidas de restauración e conservación, están creando malestar nos visitantes do mosteiro. Consideran que non se está valorando a riqueza que supón admirar os restos dos claustros, as cociñas, habitacións, sacristía e demáis dependencias. 

Ante esta situación, a xente comezou a solicitar, vía redes sociais, que se tomen medidas sexa por parte do Concello ou da administración que corresponda. 

O certo é que o mosteiro do Bon Xesús recibe multitude de visitas de persoas atraídas pola historia e a maxia do lugar. Un potencial para o turismo da zona que se pode completar coa visita á Torre de Pena, que se atopa en mellor estado tralas labores de limpeza levadas a cabo cos fondos da Xunta de Galicia. 

Comentarios