lunes 28/9/20
A empresa Viaqua foi a encargada de informar da situación, que se prolongará durante 6 horas

Un corte de auga afectará, durante a xornada de hoxe, a varios puntos de Xinzo

Baronzás, Morgade, Pena, Trandeiras e a Estación Antela de Xinzo sufrirán un corte de auga debido á rotura dun conduto de abastecemento na estrada Baronzás-Morgade. 

A Estación de Servizo Antela, en Xinzo, é un dos puntos que permanecen sen auga na vila limiá. | FOTO: Recuperada.
A Estación de Servizo Antela, en Xinzo, é un dos puntos que permanecen sen auga na vila limiá. | FOTO: Recuperada.

O Concello de Xinzo de Limia vén de informar dun corte de auga que afectará durante a xornada deste martes, 1 de setembro, ás localidades de Baronzás, Morgade, Pena e Trandeiras -ademais da Estación de Servicio Antela, na vila limiá-.

Viaqua foi a encargada de informar do accidente, que tivo lugar cando operarios da Deputación de Ourense realizaban as obras de limpeza de cunetas, na estrada que une Baronzás con Morgade. 

Segundo informou a empresa -que xestiona todos os procesos relacionados co ciclo integral da auga-, mentres se realizaban as tarefas de acondicionamento das gabias, os empregados romperon un conduto de abastecemento que afecta ós cinco puntos anteriormente mencionados. 

A interrupción do servicio estima solucionarse nun tempo de 6 horas -incluíndo a reparación e purga da rede-, contando dende a hora de publicación da nova por parte da corporación municipal, ás 13:30 horas aproximadamente. 

Comentarios