domingo 27/9/20

El Corte Ingles instalarase no polígono de Xinzo

Xa se presentou o primeiro boceto de como quedaría a instalación.

El  Corte Ingles instalarase no polígono de Xinzo

EXPECÚLASE COAS NAVES DA VIDRIERA
Parece ser que en vez de facer edificacións novas, o que pretenden é adaptar o edificio e as naves da Vidriera do Atlantico en desuso dende fai  tempo. 
Dende  antes que se dera a  a coñecer a entrada no capital do Corte Ingles no mes de setembro da familia Real de Qatar, xa se especulaba con unha operación neste sentido en Xinzo.


AMPLA COLONIA ÁRABE NA COMARCA
De todos é sabido o número de veciños que dende fai case 20 anos se asentaron no noso concello e na comarca de orixe Árabe. Isto, segundo nos comentan, foi unha peza clave para que este proxecto veña para Xinzo e non para outros lugares nos que estaban tamén esperando a decisión.


corte ingles1O CONCELLO DE OURENSE DEVOLVEULLE OS CARTOS DA LICENZA EN OURENSE.

Como  xa é coñecido por todos, o Concello de Ourense, tivo que devolverlle os cartos a El Corte Ingles, por non poder instalarse en Ourense, unha vez que foi botado abaixo o Plan Xeral Urban de Ourense.
Unha vez que o proxecto de Ourense, non puido tirar para adiante a firma mudou de proxecto e pretende instalarse en Xinzo.


PROXECTO IGUAL O DO PORRIÑO
El Corte Ingles, ten unas naves no polígono de Porriño en dirección a Portugal para saldar mercancía de outras tempadas.
Parece ser que nese polígono non poden ampliar por non ter máis espazo e a decisión será a de facer outro das mesmas características no polígono de Xinzo.
Outro dos motivos da rápida decisión foi que xa se presentou tamén fai un mes aproximadamente o proxecto para a instalación do híper MERCADONA, e desta maneira será a mesma empresa a que faga os desterros para aforro de custes.
Nin que dicir ten, que esta será a noticia deste fin de ano e por suposto dos anos vinfoto bidriera2deiros. 

O CONCELLO NON QUERE CONFIRMAR, PERO TAMPOUCO DESMINTE

Postos a fala co concelleiro de Obras, Sr. López Casas, tal e como é el, nin confirma nin desmente a noticia. Estase a espera do Alcalde, que estes días se atopa fora de Xinzo por cuestións persoais e en canto chegue, dará unha rolda de prensa ao respeto.
 

Comentarios