miércoles 12/8/20
Formación

Cruz Vermella organiza un curso de primeiros auxilios en Xinzo

A formación terá lugar os saábdos dende o vindeiro 13 de maio ata o 10 de xuño, en horario intensivo.

Cruz Vermella organiza un curso de primeiros auxilios en Xinzo

A Cruz Vermella de Xinzo de Limia organiza, dende o vindeiro 13 de maio ata o 10 de xuño –ao longo de cinco sábados–un Curso Oficial de Primeiros Auxilios na capital da Limia.

A formación terá lugar eses cinco sábados en horario intensivo, de 9:00 a 13:00 horas pola mañá e de 15:00 a 19:00 horas pola tarde. A idea é que se poida compatibilizar coa actividade académica ou profesional dos posibles interesados.

O prazo de inscripción está aberto dende hoxe, día 17 de abril.

Segundo informa Noemí Bahía, a coordinadora local da Delegación de Cruz Vermella en Xinzo, trátase dun curso "moi práctico e baremable para o Sergas", ademáis de estar "dirixido á poboación en xeral pola súa importancia, xa que ter coñecementos en socorrismo pode salvar vidas".

O prazo de inscripción está aberto dende hoxe, día 17 de abril. Para formalizar a inscripción, os interesados deberanse avhegar ata a oficina de Cruz Vermella de Xinzo situada na Estación de Autobuses. Tamén se pode chamar ao 988462541 para se apuntar ou solicitar máis información.

Comentarios