miércoles 12/8/20

A Cruz vermella de Xinzo imparte un curso oficial de primeiros auxilios

A Cruz vermella de Xinzo imparte un curso oficial de primeiros auxilios

    A Cruz Vermella de Xinzo pon en marcha un curso oficial de primeiros auxilios de 40 horas e que tamén é aceptado para o Sergas.

As clases terán lugar tódolos sábados dende o 18 de xuño ata o 23 de xullo, a excepción do 16 de xullo que coincide coas festas locais. O horario será de 9h da mañá a 13h e de 15h a 19h. 

As persoas que participen aprenderán procedementos para actuar ante unha parada cardio-respiratoria, afogamento ou nocións básicas de primeiros auxilios ante feridas e hemorraxias, queimaduras, fracturas, alerxias ou intoxicacións. 

As inscricións poden facerse na oficina da Cruz Vermella de Xinzo situada na Estación de Autobuses.

Comentarios