A Cruz Vermella de Xinzo pon en marcha unha campaña de prevención de accidentes

vermella
A Cruz Vermella de Xinzo pon en marcha unha campaña de prevención de accidentes

A xornada do mércores foi intensa nas estradas galegas por mor da operación retorno. Rematou agosto e con el as vacacións de mutitude de persoas que tiveron que voltar ó seu fogar para incorporarse de novo ó traballo.

A Cruz Vermella de Xinzo de Limia organizou para este día unha campaña de prevención de accidentes de tráfico. Baixo o nome de "na estrada quérete moito", voluntarias da organización estiveron informando ós condutores de como evitar accidentes.

A actividade levouse a cabo na gasolineira Antela, punto de entrada e saída de multitude de vehículos. Entre os consellos que lles deron, descansar cada dúas horas ou cada 200 quilómetros percorridos e manter a distancia de seguridade.

Dende a Cruz Vermella destacan que 8 de cada 10 accidentes poderían terse evitado se os condutores seguiran as normas de tráfico e modificaran o seu comportamento ó volante.