O curso de diabetes chega ao seu fin con moita asistencia

grupo participantes
O curso de diabetes chega ao seu fin con moita asistencia

A Escola Rural de Saúde da Limia seguirá achegando a información dos profesionais sanitarios á poboación.

O pasado xoves rematou o Curso de diabetes organizado pola Escola Rural de Saúde da Limia –en Xinzo de Limia– e impartido pola enfermeira Elisa Cadaya. Tras un total de 9 horas de formación e cunha asistencia máis que significativa, a organización das xornadas de formación manifestan a súa satisfacción. "O noso obxectivo é contribuír a unha vida máis saudable para a poboación da Limia".

"A alimentación adecuada dunha persoa con diabetes é a mesma que deberiamos de facer toda a poboación", conluen as asistentes tralo curso. "Debe ser equilibrada e variada, incluíndo alimentos de todos os grupos e tendo en conta as cantidades de cada un deles segundo as necesidades que teñamos", conclúen.

Toda a sociedade debería aprender a comer de maneira saudable e facer actividade física de maneira regular. A Escola Rural de Saúde da Limia seguirá achegando a información dos profesionais sanitarios á poboación.