viernes 7/8/20

DÉCIMO BRUTO CRUZOU O RÍO LETHES

Nin a chuvia nin o vento impediron o paso do río do esquecemento

DÉCIMO BRUTO CRUZOU O RÍO LETHES

Nin a chuvia nin o vento impediron o paso do río do esquecemento

IMG_9700A hora prevista as tropas romanas achegáronse as veiras do río Lethes para proceder a conquista da Limia e proseguir así a de toda a Gallaecia.

Nin o vento, nin a chuvia, nin os consellos en contra recibidos por un local amedrentaron no seu intento a Décimo Bruto, que despois de cruzar, non sen algún que outro atranco o río , e despois dende a outra veira ir chamando un por un  ós seus lexionarios, e desta maneira demostrar que aquelo da lenda, era simplemente unha estratexia  dos castrexos para non ser conquistado.

LOITA CRUENTAIMG_9761

Unha vez as tropas tiveron cruzado o río, tiveron que enfrontarse nunha cruenta  loita contra os habitantes galaicos. Despois das primeiras refregas o xefe romano BELTAINA, reta a Décimo a unha loita corpo a corpo para que non haxa máis mortes que a dun deles dous.

Beltaina, foi derrotado e morto a espada de Décimo, pero como sempre facían os romanos déronlle tódolos honores ata que foi queimado nunha cerimonia onde vencedores e vencidos compartiron o acto.

MOITO PÚBLICO

O público asistente, bastante para a tarde que se puxo , seguiu con moita atención todos os actos levados a cabo na tarde do domingo, finalizando co desfile de todas as tropas polas rúas de Xinzo.

Comentarios