domingo 15.12.2019

Degustación dás primeiras patacas da campaña 2019/20

A calidade é extraordinaria e a produción, se non se torce, tamén será  moi boa

Degustación dás primeiras patacas da campaña 2019/20

Desta maneira Guillermo Budiño, Presidente do Consello Regulador da IXP, Pataca de Galicia definiu a campaña de pataca amparada na denominación IXP Pataca de Galicia: A calidade é extraordinaria e a produción, se non se torce, tamén será moi boa

Esta mañá nun coñecido restaurante da vila a IXP convidou aos produtores amparados na denominación a unha degustación de patacas, neste caso da Limia.

IMG_20190823_135941

Como todos os anos acudiron os produtores amparados na denominación e despois dunha pequena sesión técnica pasouse a degustación de produtos, todos eles elaborados con patacas da IXP.

Os “comensais” deron boa conta dos manxares de degustación, antes de pasar a comida oficial, onde se degustaron tamén outros produtos cedidos por outros consellos reguladores de Galicia.

IMG_20190823_140027_1IMG_20190823_135958