martes 02.06.2020

Dendealimia.com, pide desculpas pola noticia da contaminación do médico do Ambulatorio de Xinzo, desmentida pola coordinadora do propio ambulatorio

En ningún momento quixemos alarmar a poboación con esta noticia,a poboación esta tarde xa estaba alarmada, e afortunadamente despois da desafortunada noticia, xa poderá estar máis tranquila
Dendealimia.com, pide desculpas pola noticia da contaminación do médico do Ambulatorio de Xinzo, desmentida pola coordinadora do propio ambulatorio

Esperamos a pronta recuperación do doutor, aínda que como din moitos  lectores , o que é realmente imposible é que por estadística pura e dura, en Xinzo non haxa casos de contaminados.

Reiteramos a todos, as desculpas es sobre todo a familia, aínda que tamén temos que dicir, que os contaminados por covid-19 non son apestados. Podemos ser calquera de nos, como demostran os test realizados que din que o 5% da poboación pasaron ou pasamos a enfermidade sen nos enterar.