lunes 06.07.2020

O desfile do Entroido 2020 será o domingo de piñata

Se a comisión lle fai caso a votación popular

O desfile do Entroido 2020 será o domingo de piñata

A comisión organizadora do Entroido 2020 mantivo esta mañá unha reunión con membros do equipo e goberno presidida pola alcaldesa Elvira Lama, a que asistiron os concelleiros de Cultura e o Seguridade Cidadá na que o principal tema que se tratou foi o da elaboración dun plan de seguridade para todo o Entroido.

Estase a rematar o plan que será implementado por unha empresa especializada de Xinzo xunto cunha empresa de Vigo, experta nestes temas e que será posto en marcha pola comisión e o propio Concello.

2019031021545148400

Foto arquivo dendealimia.com

Entre as recomendacións das persoas que están rematando o plan figura a de pechar ao tráfico a nacional  dende as 23 h ata as 02:30 os principais días da festa. Recomendan cortar o sábado de corredoiro e o, venres, sábado, domingo e luns de entroido.

DESFILE O DOMINGO DE PIÑATA

Posiblemente, se a comisión segue a votación popular que eles mesmos fixeron a traveso dás redes sociais, este ano  probarase outra vez a facer o desfile de entroido o domingo de piñata ás 12:30.  Dentro do plan de seguridade proponse tamén que o percorrido do desfile estea completamente valado polos dous lados do mesmo,  dende o Villasana ata a estación de autobuses.