jueves 02.04.2020
Máis de 1.200 rapaces participarán no desfile infantil cunha mañá soleada

O desfile infantil, non mudou de día

Mañá a partir dás 11:30 polas principais rúas de Xinzo
Foto arquivo dendealimia 2019
Foto arquivo dendealimia 2019

O día de Entroido de mañá estará dedicado practicamente aos nenos e nenas ata entrada a noite.

A partir dás 11:30 tomarán as rúas da vila os máis de 1.200 rapaces e rapazas dos centros escolares da Vila e concellos da Limia que se darán cita para o desfile infantil. Estarán tamén os rapaces e rapazas das escolas infantís e as casas niño de Sarreuas e Vilar de Santos, así como os acompañantes maiores co que o número de participantes pode rondar os dous mil..

O desfile rematará cunha chocolatada con doces no Carlos Casares.

ANIMACIÓN NA PRAZA MAIOR

A partir das 18:00 a animación dos peques trasládase a praza Maior onde o grupo Divercóxegas farán concursos con moitos agasallos para todos.