Desvelouse o segredo peor gardado do Entroido 22

Desvelouse o segredo peor gardado do Entroido 22

Si haberá conta atrás na Praza Carlos Casares

Durante toda esta semana e a anterior, todos se preguntaban si ao final habería conta atrás do reloxo do Entroido para celebrar o Petardazo.

Desapareceu o reloxo do seu sitio e todo eran especulación, que si habería, que si a comisión quería, que si o concello , ou membros do grupo de goberno querían, que si outros non, pero o que si tiñan claro os entroideiros de verdade era que con reloxo, sen reloxo, cunhas campás ou cunhas cunchas, habería conta atrás.

SI HABERÁ CONTA ATRÁS, NON HABERÁ NES DISCURSOS NIN CHUPINAZO

RELOXO ENTROIDO

Neste momento a pouco máis de 24 horas do comezo da longa celebración do Entroido, si haberá conta atrás, no co reloxo oficial, que se escachizou fai unhas semanas, e ninguén se preocupou del ata fai uns días, pero como sempre ocorre nestes casos, sobre todo para o Entroido, as solucións son sempre moitas.

ESTREA DOS MINI VIDEO CLIPS SOBRE O ENTROIDO

Xa anunciabamos a semana pasada que todos os venres a partir das 20:00 a comisión tiña preparados uns vídeo clips realizados pola produtora e directora Alba Prol, e hoxe xa está colgado nas redes o primeiro.