sábado 5/12/20

Detectado outro positivo entre o persoal do Concello

Este caso, NON  está relacionado co positivo de onte

 

O Concello acaba de comunicar na súa conta de facebook un novo positivo entre persoal traballador do concello. Elvira Lama declarou a este medio, que esta persoa “positiva”, non ten ningunha conexión co positivo de onte.

TODO O PERSOAL DE OFICINAS CENTRAIS TIVERON RESULTADO NEGATIVO NAS PROBAS

Elvira Lama quere transmitir, unha vez máis tranquilidade tanto ao persoal de oficinas, que esta tarde remataron de facer todas as probas e que ningún deu positivo, e tamén que algún dos contactos estreitos, dentro do Concello, acaban de vir de facer a proba, dando resultado negativo  e os outros compañeiros e compañeiras están citados para mañá pola mañá.

Temos que seguir as instrucións que nos veñen das autoridades sanitarias, para que os contaxios sexan os menores, e tratar de non sinalar a ninguén, posto que todos estamos expostos, canto máis contactos teñamos, fora da familia e conviventes, continuou manifestando a alcaldesa Elvira Lama, cuxo ánimo, como non pode ser doutra maneira, está bastante mermado.