jueves 15/4/21

Día da árbore en Xinzo

O Concello entrega 60 árbores ás Anpas dos dous CEIPs de Xinzo para prantar con motivo do Día da Árbore

Cartel dun dos colexios que participa da iniciativa

Con motivo do Día Mundial da Árbore, o Concello de Xinzo entregará ás ANPAS dos colexios Rosalía de Castro e Carlos Casares 60 exemplares de árbores autóctonas para que logo sexan sorteadas entre o alumnado de ambos centros para a súa plantación.

Con este xesto simbólico, o goberno local, xunto cos pais e nais e os centros educativos, buscan sensibilizar ao alumnado sobre a importancia das árbores, ademais de ofrecerlles a posibilidade de plantar unha e poder facer un seguimento ao seu crecemento. A proposta de plantar máis árbores partiu dos propios escolares.

 Segundo gobernó local, despois deste duro ano de pandemia, adquirimos unha especial conciencia da imperiosa necesidade de protexer e preservar o medio natural, especialmente desde idades temperás e a través da educación.

Esta iniciativa con motivo do Día Mundial da Árbore, que se conmemora mañá, día 21 de marzo, súmase ao traballo de saneamento e plantación de novas árbores nos espazos públicos do termo municipal, encargado tamén polo Concello a un doutor en investigación agraria e a unha enxeñeira  forestal e que comezou por un exhaustivo estudo da saúde das distintas especies arbóreas do municipio.

Coa asesoría técnica de arboricultura e o traballo de profesionais nesta materia, acometeranse as accións de saneamento e mantemento das distintas especies, despois de anos e anos sen asesoramento especializado.