sábado 5/12/20

"A día de onte, Xinzo era o concello con maior número de activos por covid-19 de Ourense

Elvira Lama analizou cos alcaldes de outras vilas e responsabeis de Sanidade a situación de cada concello
videoconferencia Elvira Lama
videoconferencia Elvira Lama

Elvira Lama participou hoxe nunha reunión telemática coa Consellería de Sanidade, xunto aos alcaldes de Carballiño, Verín e Ribadavia, para analizar a situación de cada concello, os datos activos por covid-19 e a súa incidencia.

Por parte da Consellería de Sanidade participaron o secretario xeral, Alberto Fuentes; o director xeral de Asistencia, Jorge Aboal, e o xerente da Área Sanitaria de Ourense, Felix Rubial.

Polo que respecta o Xinzo, a día de hoxe é o concello con maior número de activos por covid-19 de Ourense, 83 según o dato facilitado por Sanidade (os mesmos que onte), así como o que menos tempo leva con restricións, pois durante moito tempo foi o que menos casos tiña entre as vilas da provincia.

videoconferencia Elvira Lama 2Elvira Lama agradeceu o cribado feito o pasado domingo por parte do Sergas para coñecer con exactitude a incidencia por número de habitantes. Tamén amosou a súa preocupación polas restriccions e o peche da hostelería, do que se está a resentir o resto de comercios e negocios da vila.
Así mesmo, pediulle á consellería que se realizasen cribados a usuarios e traballadores das residencias e dos centros de día.
Elvira Lama, está a esperar a reunión do comité de seguimento da pandemia da Xunta para ver si co noso concello, se toman outras accións máis restrictivas.
Supon  que a subida tan repentina dos casos en Xinzo se pode deber a que nos estábamos no medio de dous focos importantes de contaxios, Ourense e Verín cos que mantemos moita afluencia de xente, tanto nunha dirección como noutra, debido a que nos nós mantivemos durante moito tempo sen restricións ningunha e a xente se desprazaba aquí, e nos íamos traballar a un sitio e outro, co que ao final o virus entrou de cheo no noso concello.

"A día de onte, Xinzo era o concello con maior número de activos por covid-19 de Ourense