O domingo comezan as celebracións da Semana Santa de Xinzo

cartel semana santa de xinzo
O domingo comezan as celebracións da Semana Santa de Xinzo

Como tódolos anos arrancan os actos coa bendición dos ramos, na igrexa vella, a cual acuden gran cantidade de fieis, para despois participar na procesión

O programa completo é o seguinte:

DOMINGO DE RAMOS
Ás 12: Bendición dos Ramos na Igrexa Vella con procesión ata a Igrexa Nova onde celebraremos a Eucaristía do Domingo de Ramos da Paixón do Señor.
MARTES SANTO
viacrucixÁs 21: Un grupo de mozos da Parroquia percorre o Camiño de Xesús (VIACRUCIS) subindo ao monte de Baronzás e convídannos a acompañalos.
Comeza na c/ Cerdeiro.
(Se hai mal tempo suspéndese).
XOVES SANTO
DE 10:00 a 13:00: Haberá un confesor na Igrexa Nova.
Ás 19:00: Celebración da \“Cea do Señor\”.
Procesión de \“Xesús no Horto\”. Acompañados por BANDA ESCOLA DE MÚSICA DE TRASMIRAS
VENRES SANTO
Ás 9:30: Oficio de Laudes, na Igrexa Nova.
Ás 12:00: Víacrucis de Catequese na Igrexa Nova
(Organizado polos nenos de catequeses de 3º, 4º e 5º de Primaria).
Ás 18:30: Celebración da \“Paixón do Señor\”.
Ás 21:00: Procesión do Santo Enterro.
Dende a Igrexa Nova e regreso ao mesmo lugar.
Estará acompañada polas Confrarías do \“Nazareno\” e da \“Virxe Dolorosa\”, a AGRUPACIÓN MUSICAL DÁ LIMIA\” e \“GRUPO DE PERCUSION DÁ ESCOLA MUNICIPAL DE GAITAS E PERCUSION \“
SÁBADO SANTO
Ás 10:00: Oración con María na Soidade. Laudes.
Ás 12:00: Solemne Víacrucis Parroquial na Igrexa Nova.
Como Xoán, acompañamos a María ó pé dá cruz.
Ás 22:00: Solemne VIXILIA PASCUAL.