viernes 03.07.2020
Ampliado o plazo para desbroces

Os donos de terreos con maleza ou especies forestais terán 6 semanas máis para limpalos: ata o 16 de xullo

Un Bando da Alcaldía lémbralle a súa obriga: “o Estado de Alarma non será escusa para eludir as labores de prevención de lumes”

desbroce_roza-1
desbroce_roza-1

Un Bando firmado hoxe pola alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, trasládalle aos propietarios de terreos con maleza ou especies forestais a ampliación do prazo para limpar e rozar as súas propiedades, así como a ineludible obriga de facelo.

Inicialmente, este prazo remataba o 31 de maio, si ben como consecuencia da declaración do Estado de Alarma amplíase durante seis semanas máis, ata o 16 de xullo.

“O Estado de Alarma decretado por la pandemia do coronavirus e as medidas de confinamento non serán escusa para eludir estas labores de limpeza que axudan á prevención de incendios no verán”, indica Lama no Bando de Alcaldía.

A lexislación aplicable, que neste caso son a Lei de Prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia e a Ordenanza Municipal de xestión de biomasa, estipula que as especies arbóreas non poden invadir os viarios públicos e que deberán estar situadas a unha distancia mínima de 2 metros do peche do terreo.

Ademais, a 50 metros das vivendas non pode haber maleza nin especies pirófitas (piñeiros, eucaliptos, acacias…), sendo obrigatorio ter as fincas rozadas para evitar riscos de incendio en todos os tipos de chan, tanto urbano como de núcleo rural ou urbanizable.