lunes 28/9/20
O impacto produciuse na estrada OU-1105, que comunica Xinzo con Sarreaus

Dous feridos nunha colisión frontal entre dous turismos en Porto Alto (Xinzo de Limia)

Os afectados foron os condutores dos automóbiles: un home de 61 anos e unha muller 47, que resultaron feridos leves.

O Citroën C3, un dos turismos afectados pola colisión. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.
O Citroën C3, un dos turismos afectados pola colisión. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

Pasadas as 15:15 horas da tarde de hoxe, tivo lugar un impacto frontal entre dous vehículos na estrada OU-1105 (Porto Alto-Sarreaus), no tramo pertencente á localidade de Porto Alto, en Xinzo de Limia. 

Un Citroen C3 gris metalizado saía de Sarreaus cando colisionou con outro turismo: un Seat Ibiza branco que se acababa de incorporar á vía na dirección contraria (Xinzo-Sarreaus). O equipo de atestados do Destacamento de Tráfico da Garda Civil de Verín investiga se a vía mollada puido contribuir a que un dos condutores perdese o control do seu vehículo e invandise o sentido contrario.

O Seat Ibiza branco, segundo vehículo afectado no impacto. | FOTO: Luis Veloso.O Seat Ibiza branco, segundo vehículo afectado no impacto. | FOTO: Xosé Lois Colmenero.

O impacto foi bastante potente e deixou feridos leves ós dous condutores, que viaxaban sós: E. J. M., de 47 anos, desprazábase no Citroën C3 girs e A. L. C., de 61 anos, era o condutor do Seat Ibiza branco.

Ó lugar dos feitos acudiron tres unidades da Garda Civil, os efectivos de urxencias sanitarias do 061, o equipo de Atestados da Garda Civil de Tráfico, dúas unidades do parque de Bombeiros do Consorcio Provincial da Limia, a Policía Local e Protección Civil. 

Comentarios