miércoles 08.04.2020

Dous nenos feridos leves, nun choque nun dos “puntos negros” de Xinzo

Os dous vehículos, sinistro total

No percorrido do impacto levaron por diante un poste de tendido electrico

Esta mañá arredor das 11 da mañá nun dos cruces que os veciños están fartos de cualificar como puntos negros, dous coches chocaron fronto/lateralmente.  Os dous condutores resultaron ilesos e dous pequenos foron trasladados ao CHOU, pero parece ser que para revisión, non apreciando feridas.

SAÍAN DE XOGAR NA MOREIRA

Como tódolos domingos e tódalas tardes as nais e pais van a recoller aos seus fillos que están facendo deporte nas instalacións municipais da Moreira. Nun dos múltiples cruces de pistas que rodean a instalación, ningún dos vehículos paro e o choque foi inevitable.

TERRA DE NINGUÉN  E SEN SINAIS NIN BANDAS SONORAS

99999Enseguida os veciños ao sentir o estrondo avisaron a Policía Local, que acudiu enseguida, para intervir, como así o fixo, pero simplemente para informar de que esas pistas non son do casco urbano co cal eles non teñen xurisdición. Enseguida  chamaron a Garda Civil que mandou efectivos de tráfico. Interesados os afectados por quen tiña preferencia, posto que non existen sinais, a norma, segundo a Policía é que “ten preferencia o que ven pola nosa dereita”. Esta norma nos cruces das pistas, que non teñen sinalización, case que ninguén, por non dicir ninguén a cumpre.

Un dos veciños relataba que por alí os coches pasan a altas velocidades sen importar que haxa gando pequeno pacendo ou andando polas pistas.