miércoles 30/9/20
Un dos infectados precisou ser hospitalizado e o outro permanece na oportuna corentena domiciliaria

Sube a conta dos positivos por COVID-19 en Xinzo de Limia con dous novos casos

Coa confirmación de dous novos positivos na vila, elévanse a seis os casos rexistrados dende o pasado 30 de agosto.

O Concello de Xinzo de Limia confirmou ás 22:20 horas de hoxe venres 11 de setembro dous novos casos positivos da Covid-19 na vila

Ambos son residentes no concello e pertencen a unha mesma unidade familiar. Por mor disto, está xa activo o protocolo pertinente para realizar PCR a todos os seus contactos directos cuxos resultados, polo momento, son negativos. 

Un dos positivos está hospitalizado e o segundo atópase en illamento por corentena. 

Desde o Goberno local advirten da importancia de seguir as medidas de seguridade, distancia social e o uso de máscara. 
 

Comentarios