martes 20/10/20
As dúas persoas diagnosticadas están en illamento domiciliario e gardando a oportuna corentena

Dous novos casos relacionados con positivos de Verín suben a oito as persoas infectadas en Xinzo de Limia

Centro de saúde de Xinzo de Limia, na rúa Ladeira da vila antelá. | FOTO: Noelia Caseiro.
Centro de saúde de Xinzo de Limia, na rúa Ladeira da vila antelá. | FOTO: Noelia Caseiro.

O Concello de Xinzo vén de anunciar dous novos casos positivos infectados de coronavirus que, segundo fontes sanitarias, teñen relación con algún dos diagnósticos da enfermidade en Verín.

Con estes dous novos positivos son xa oito os que se rexistran dende o pasado 30 de agosto no municipio limián

Xa está activado o protocolo correspondente de medicina preventiva e todos os contactos estreitos dos novos contaxiados están xa pendentes das oportunas PCR. 
 

Comentarios