A "Duendeneta" pasará por Xinzo

A "Duendeneta" pasará por Xinzo
Unha furgoneta estilo retro que percorre en xuño e xullo as tres rutas do Camiño de Santiago.

O próximo mércores, a music truck "Duendeneta", chegará a Xinzo para transmitir aos veciños e aos peregrinos a paixón pola música galega. “Os Camiños das Músicas Galegas” é unha inciativa que para nas vilas que coinciden co fin de etapa das peregrinacións a Compostela.

Ofrecerase unha sesión didáctica de 90 minutos na que se fará un percorrido polos fitos musicais de diferentes épocas e estilos nunha furgoneta dos anos 70 convertida en discoteca móbil. Estará dirixida por Carlos Crespo, DJ e crítico musical. Será o encargado de facer un percorrido por todos os xéneros da música galega, dende os pioneiros do pop ata a actualidade.