“Elsa” despega, chega Fabien

9
“Elsa” despega, chega Fabien
AEMET alerta da chegada da borrasca denominada FABIEN para este fin de semana

Ante os avisos e alertas por parte da Axencia Galega de Emerxencias o Concello de Xinzo fai unha chamada a todos os veciños para que diminúan os seus desprazamentos ao mínimo imprescindible e extremando as precaucións.

A alcaldía de Xinzo lembra a todos os veciños e veciñas do concello que durante esta fin de semana seguimos en alerta amarela polo que continúan os riscos de que teñamos aínda máis inundacións e desbordamentos dos nosos rios.

99999

É por iso que debido á situación xa actual de corte de vías, pistas e estradas limitemos o uso dos coches ao mínimo imprescindible, e sempre extremando as precaucións. Para calquera incidencia chamar aos servizos de emerxencia do 112 para canalizar todas as axudas necesarias municipais e supramunicipais que fosen necesarias.