jueves 22/10/20

Elvira Lama, moi satisfeita coa firma do convenio para Trandeiras

Este foi o comezo, pero a nosa intención é poñer en valor o espazo para o que “chamaremos” en todas as portas, Goberno Central, Xunta e Deputación.

Trandeiras aerea
Trandeiras aerea

A confederación apostará moi forte por esta comarca e loxicamente co noso Concello.

O ánimo era moi forte na mañá de hoxe na alcaldesa Elvira Lama, cando explicou as inversión de máis de 350.000 € no entorno de Trandeiras para recuperar fontes, manantiais, saneamento etc como primeiro paso para poñer en valor, un dos espacios patrimoniais cos que conta Xinzo.

Pero a colaboración coa CHMS, non quedará aquí. Segundo a primeira edil o seguinte en asinar espera que sexa unha senda peonil, nas dúas veiras do Limia, da que se leva falando dende hai moito tempo dende a ponte da Lamas a de Baltar.

Ponte remodelada sobor do rio Limia

Tamén están na axenda saneamentos e depuracións en varios puntos do Concello, nos que se están a estudar os mellores e máis medioambientais medios para levalos a cabo.

Con respeto a estes dous puntos o Presidente da Confedración apuntou xa:

Desde a CHMS queremos destacar o noso firme compromiso coa Limia; a deterioración do leito preocúpanos moito e o alto valor agrogandeiro da zona é incuestionable, para iso, as Administracións competentes teñen que xerar proxectos que fomenten o uso de prácticas que redunden nun desenvolvemento máis sostible e, neste sentido, desde o Goberno de España, sempre tenderemos unha man de colaboración a proxectos realizables e concretos” explicou Quiroga.

O compromiso adquirido hoxe forma parte dun conxunto de actuacións demandadas pola alcaldesa de Xinzo; cabe destacar a urxencia de saneamento e depuración de pequenos núcleos, a continuación da senda peonil no centro urbano da localidade que quedou pendente, sine die, nunha intervención anterior, entre outras solicitudes