lunes 30/11/20
Indignación e mal estar da alcaldesa de Xinzo

Elvira Lama pide celeridade e transparencia ao Sergas nos datos do Concello para non confundir á cidadanía

Tivo que ser a  propia alcaldesa quen lle pedirá ao Sergas os novos datos, que ao parecer son 33 activos no termo municipal de Xinzo.

Elvira Lama nun pleno
Elvira Lama nun pleno

A alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, pediu á Consellería de Sanidade celeridade e transparencia na transmisión dos datos de persoas activas no seu Concello, con periodicidade diaria.

Lama pon como exemplo que onte, venres, recibiu comunicación de que había 35 casos activos en toda a comarca, de tal xeito que nos mapas que publica diariamente a consellería, o termo municipal de Xinzo aparecía de cor amarela. Pero para a súa sorpresa, hoxe, sábado, a coar mudou a vermella, sen comunicación previa algunha. Tivo que ser a  propia alcaldesa quen lle pedirá ao Sergas os novos datos, que ao parecer son 33 activos no termo municipal de Xinzo.

“Como é posible que si nun so día pasamos de 35 casos activos en toda a comarca (11 concellos) a 33 so no Concello de  Xinzo, a Consellería non se puxera de inmediato en contacto co goberno local? Aquí falta celeridade ou falta transparencia e nos esiximos ambas cousas", afirma a alcaldesa.

Ademais, resulta que no mapa de restricións que publica a propia Consellería, Xinzo sigue a aparecer sen ningunha restrición específica pese a ter mudado de nivel (amarelo a vermello), o que se traduce en confusión e desconfianza entre a veciñanza, pois agora resulta que ten o mesmo nivel de alerta que o resto de vilas da provincia, pero resulta que ten un nivel de restricións inferior.

Elvira Lama lembra ademais que todo isto está a ocorrer despois de que onte mesmo lle enviara unha carta ao conselleiro de Sanidade pedíndolle coñecer diariamente o número de casos activos no seu concello, para non ter que “mendigar información” por outras canles.

A día de hoxe, en Xinzo seguimos á espera de que a Xunta nos aclare si debido ao cambio de nivel de alerta de hoxe temos que adoitar restricións específicas ou continuar como ata o de agora, coas xenéricas para toda Galicia.

"Aquí temos feito todos os esforzos posibles para previr contaxios, adoitado todas as medidas necesarias para conter a propagación, anticipándonos na maior parte das veces, e sendo transparentes dende o primeiro día. Isto mesmo é o que lle pedimos agora ao Sergas: celeridade e transparencia para que podamos actuar en consecuencia e seguir limitando e previndo o impacto do virus no noso concello", demanda Elvira Lama.

“Pola nosa parte -engade- en ningún momento dende que empezou este pesadelo  da pandemia se ocultou información a cidadanía e iso mesmo é o que lle pedimos ao Sergas”.