Elvira Lama e Rafa Penabad reuníronse co xerente da EOXI

reunión elvira
Elvira Lama e Rafa Penabad reuníronse co xerente da EOXI
Entre outras cousas solicitáronlle melloras no centro de Saúde de Xinzo

Elvira Lama Alcaldesa de Xinzo acompañada do concelleiro Rafa Penabad, mantiveron una xuntanza de traballo co Xerente do Eoxi Félix Rubial, para trasladarlle as demandas e as eivas feitas en días pasados polas responsables de coordinación e dirección do Centro de Saúde de Xinzo.

As demandas formuladas, tanto en dotación de persoal, dotación material, como en melloras en infraestruturas foron analizadas punto por punto, a falta de que se podan concretar algunhas delas nun curto espazo de tempo.

Da reunión mantida con novo xerente, tanto a alcaldesa como o concelleiro saíron satisfeitos na medida en que o Centro de Saúde de Xinzo, parece ser que é un dos que mellor funciona da provincia, tanto polo alto grao de implicación do persoal que presta aquí os seus servizos, como da coordinación do mesmo, recoñecendo ambas partes a escaseza de persoal, e de espazos para realizar exercicios por parte da matrona.

Tanto a alcaldesa como o xerente coincidiron na necesidade de afianzar programas e servizos que están en marcha como o servizo ADO como as campañas de información e formación que se poden levar a cabo entre a poboación, empezando polos CEIPS