martes 10.12.2019

Elvira Lama e Rafa Penabad visitan a ETAP e a EDAR de Xinzo

Segundo o responsable de VIAQUA  “A calidade da auga que sae das billas de Xinzo é unha das mellores da zona”
Elvira Lama e Rafa Penabad visitan a ETAP e a EDAR de Xinzo

O Responsable de Operacións de Ourense de Viaqua, Francisco Bretal; o Xefe de Explotación da Unidade Operativa de Xinzo, Rubén Corral; e o técnico de depuración e potabilización para Xinzo e a zona, Iván Vázquez, recibiron na ETAP de Xinzo a alcaldesa Elvira Lama que estaba acompañada do concelleiro Rafa Penabad, para xirar unha visita tanto ás instalacións de bombeo en Xinzo como despois a EDAR que depura todas as augas que están conectadas a mesma do Concello.

PRETO DE 3.000 M3 DE AUGA CONSUMIMOS A DIARIO OS VECIÑOS DE XINZO

IMG_9321Actualmente o consumo de auga en Xinzo ronda entre os 1.500-2.000 m3/día mentres que en verán chega aos 2.000-3.000m3, sendo a capacidade total de tratamento da EDAR de 4.080m3. Conforme o paso do tempo, as melloras fixeron posible que exista un equilibrio de consumo, debido fundamentalmente a uns rendementos da rede moito mellores. En Xinzo existen 20 contadores que permiten levar un seguimento que chega ao 80%,cun 20% de augas non rexistradas (ANR) e co obxectivo de reducirse aínda máis. Isto supón un punto de importancia para o Concello posto que segundo a nova lei, todos os servizos teñen que ter rendementos superiores ao 80% e no caso de non cumprir este requisito, existirá a obriga de pagar un canon á Xunta.IMG_9347

Xinzo de Limia é o municipio de Ourense que máis depuradoras ten, con 8. Ademais, conta tamén con 21 fosas sépticas que pasan unha revisión cada 3 meses. A intención neste momento é a de eliminar progresivamente estas fosas para levar a cabo un sistema de lagunaxe con plantas macrófitas. Isto é, unha forma máis ecolóxica e menos custosa que require dunha maior superficie.

Elvira Lama comproba a calidade da auga que sae ao riío despois da depuración

Nos últimos anos, o gasto en melloras de eficiencia enerxética atópase arredor dos 80.000 euros, o que supón un control da calidade de auga que a posiciona como unha das mellores da zona. Non existe ningún tipo de contaminación posto que o punto do que sae toda a auga que se distribúe é a depuradora da ETAP, zona non afectada con ningún tipo de carga contaminante. Non obstante, por razóns de transparencia, a Alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, espera que se publiquen proximamente as análises dos fertilizantes para que a xente teña acceso a todos os datos.