lunes 20.01.2020

A escola infantil ANTELA recibiu a Papa Noel

A delegada territorial, Marisol Díaz Mouteira, acompañou aos pequenos da escola infantil ‘Antela’ que hoxe recibiron a visita de Papá Noel

A  escola infantil ANTELA recibiu a Papa Noel

A delegada territorial de Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou esta mañá a escola infantil ‘Antela’, con motivo das actividades navideñas que se están a desenvolver nos centros dependentes da Consellería de Política Social.

ei antela 3

Os alumnos e alumnas deste centro, de 0 a 3 anos, levan días participando en actividades asociadas ao Nadal: elaboración de postais sobre unha base común e con distintas técnicas e recursos didácticos, decoración das aulas cunha participación activa do alumnado que realizará láminas e outros motivos navideños, amais de ensaios de panxoliñas que acompañan dun instrumento que axudaron a realizar. Ademais, os menores acompañados  dos seus familiares están a recibir ao longo desta semana a visita de Papá Noel, que lles agasalla cun regalo.

Na visita Díaz Mouteira estivo acompañada da xefa territorial de Política Social, María José Fernández Laso, e de persoal do centro.

ei antela 2Actividades semellantes as organizadas nesta gardería repítense estes días nas outras  25 escolas infantís da Xunta que funcionan na provincia de Ourense.
A delegada territorial aproveitou esta visita para subliñar que as escolas infantís forman parte das iniciativas que se contemplan no Programa de Apoio á Natalidade (PAN Galicia)  que Política Social está a desenvolver dende finais de 2015 con accións como a Tarxeta Benvida, o Bono Concilia, o Bono Coidado,  ou as casas niño.