martes 4/8/20

A Escola Rural de Saúde da Limia únese ás xornadas “Coñece o centro de Día” cunha charla informativa

Esta actividade enmárcase na celebración do “Día Mundial de toma de conciencia do abuso e maltrato á vellez” Redacción [email protected] Twitter: @Dendealimia O vindeiro...
taller vellez
taller vellez

Esta actividade enmárcase na celebración do “Día Mundial de toma de conciencia do abuso e maltrato á vellez”

Redacción

[email protected]

Twitter: @Dendealimia

O vindeiro 15 de xuño celébrase o “Día Mundial de toma de conciencia do abuso e maltrato á vellez”, e con motivo desta efeméride o Centro de Día de Xinzo de Limia organiza as xornadas “Coñece o Centro de Día”, que teñen a finalidade de informar sobre o funcionamento do centro valéndose do testemuño dos propios usuarios. Así o vindeiro xoves 12 de xuño, e dentro destas actividades de concienciación a Escola Rural de Saúde da Limia prepara unha charla informativa que será impartida polos maiores que o frecuentan asiduamente.

 Ademais das vivencias deste maiores limiaos, o obradoiro complementarase coa intervención de dúas expertas: Alba Campos, educadora social do Centro, e Consuelo Ferreiro, enfermeira e formadora sociosanitaria. A cita será ás 16 horas na aula 2 da primeira planta da Casa da Cultura de Xinzo de Limia e é necesaria a inscrición previa para participar nesta charla. Os interesados poden anotarse ou ben na propia Casa da Cultura ou enviando un correo electrónico ao enderezo [email protected].

Comentarios