martes 4/8/20

Tres establecementos súmanse á campaña de recollida de alimentos do CDR O Viso

Tamén se recollen produtos de hixiene

Tres establecementos súmanse á campaña de recollida de alimentos do CDR O Viso

    Os salóns de peiteado Luxury e Asun de Xinzo, xunto co supermercado Eroski súmanse a esta inciativa xunto con Gadis e Día. Se se achegan ata as superficies de alimentos, verán carros da compra nos que poderán despositar a súa axuda. Outro punto de recollida é a oficina do CIX da Limia, situada na Praza Maior e o centro de inclusión de Lodoselo en horario de 10 a 14h e de 16 a 18h.

Cada vez se suman máis forzas para paliar todos xuntos os índices de probreza rexistrados na comarca dende o comezo da crise económica.

Lembren que se precisan produtos de primeira necesidade como  leite, legumes, xel ou cueiros. A campaña estará vixente ata o vindeiro día 19 de decembro. 

Comentarios