domingo 7/3/21

Estou agobiado,moi cansado e moi satisfeito (Amador Díaz)

Dende as 05:45 e son as 16:30 estou sacando etiquetas

Hoxe volven saír máis de 6.000 Kg de patacas e para mañá máis

IMG_20200421_172913

Esta era a situación de abafo, cansazo e alegría coa que topamos a Amador Díaz, xerente e propietario de Patatas AMA cando esta tarde nos acercamos a ser testemuñas da saída do segundo envío de patacas a través da súa páxina, aínda que as patacas sexan de unha ducia de produtores que están dentro da asociación de produtores de pataca da Limia. A repercusión ao chamamento sigue en alza, e sobre todo despois da reportaxe que este mediodía fixo TV1-Galicia.

NON DAMOS FEITO

IMG_20200421_173538Coa cara de non haber durmido, sendo as 17:00,  e a espera da chegada do camión que viña recoller o envío de hoxe, amador, nervioso, “agobiado”, pero tremendamente satisfeito pola resposta, repasa coa responsable da axencia encargada do envío das caixas os destinos das mesmas. Responsable que tamén ao igual que Amador está desbordada coa cantidade de caixas que saíron, saen hoxe e por suposto das previsións para mañá.

1.227 pedidos, 560 visitas a paxina e 181 carriños de compra  e 301 pedidos pendentes esta tarde ás 17:00

Estes son os datos que corresponderán a saída de caixas de patacas de mañá. As chamadas ao teléfono dende onte as 9 ata as 9 da noite máis de  450. Moita xente chama para preguntar si temos pataca branca... a todos estámoslle dicindo que posiblemente e pola avalancha de pedidos, igual non podemos servir todos ás 24 horas, pero asegurando que en 48, terán o seu pedido.

Para facer pedidos, prema aquí: www.patatasama.com