Estudo das alegacións a planta de Parada

Estudo das alegacións a planta de Parada

Mañá luns poderíase aprobar a resolución

Mañá luns, está prevista a Xunta de Goberno, na súa reunión habitual , na que se poderían ver os informes que os técnicos do Concello fixeron sobre as alegacións feitas polos veciños ,a planta de Parada.

Despois do estudo dos informes, a Xunta de Goberno podería emitir a resolución. Esta resolución podería coñecerse esta mesma semana.

CONTENCIOSO ADMINISTRATIVO

De ser desfavorable ás intencións dos veciños, o último recurso sería plantexar xudicialmente un Contencioso Administrativo contra o Concello.

Antonio Pérez, alcalde da vila , non sabía o xoves pola mañá o resultado dos informes dos técnicos e o único que manifestou foi que , el persoalmente como veciño ,o que querería e que neses informes houbera algo para poder darlle a volta a decisión administrativa. Como xa dixo no pleno , a decisión nunca pode basearse en criterios persoais, se non lexislativos.