domingo 23.02.2020
Emprego

Éxito no primeiro obradoiro do "REINVÉNTATE" na Casa da Cultura de Xinzo

s vindeiros 7 e 8 de marzo volverá haber outro obradoiro tamén na Casa da Cultura. Aínda fican prazas libres para quen queira enrolarse na iniciativa.

Imaxe do obradoiro na Casa da Cultura.
Imaxe do obradoiro na Casa da Cultura.

O primeiro obradoiro da nova edición do REINVÉNTATE "Animación sociolaboral en grupo" que organiza o CDR O Viso, tivo lugar o martes 7 e o mércores 8 na Casa da Cultura de Xinzo de Limia. A sesión formativa tratou de autocoñecemento e tentou dar resposta a dous obxectivos fundamentalmente: por unha banda, aprender a coñecer os recursos persoais e potencialidades dos asistentes de cara ó emprego e, por outra parte, compartir un espazo onde todas as persoas se atopan en desemprego para recuperar alento, levar a iniciativa e planificar a busca de emprego.

20170207_104535_HDR

O programa, como xa se informou dende este medio, continuará con sesións os primeiros martes e mércores de cada mes. A idea, segundo os organizadores, é que se alguén non pode vir nalgunha ocasión, saiba que –salvo causa de forza maior–poderá vir o mes seguinte. De aí que, contando cunha mínima participación, os vindeiros 7 e 8 de marzo volverá haber outro obradoiro tamén na Casa da Cultura. Aínda fican prazas libres para quen queira enrolarse na iniciativa.

16473843_1262779157145047_5853601144778511920_n

Con estas actividades, o CDR O Viso quere "empoderar ao grupo e xerar conciencia comunitaria", polo que a palabra participación e respecto polas persoas "son claves da marcha do grupo que pode ser o xermolo para máis actividades".

20170207_103902_HDR

Comentarios