domingo 05.07.2020
Lume

Extinguido o lume que esta tarde volveu ameazar Baronzás

Un novo incendio foi detectado esta tarde en Baronzás (Xinzo de Limia). A rápida actuación dos bombeiros fixo posible a súa rápida extinción.

Os bombeiros actuaron con rapidez.
Os bombeiros actuaron con rapidez.

Arredor das 19:30 horas desta tarde dábase aviso aos bombeiros da existencia dun novo incendio na localidade de Baronzás, en Xinzo de Limia.

2017-09-13-PHOTO-000002012017-09-13-PHOTO-00000200

Á beira da zona onde se producira o anterior, e a pesares de ter chovido cuantiosamente estes días, as chamas volveron ameazar cunha nova desgracia medioambiental para a Limia.

2017-09-13-PHOTO-000001972017-09-13-PHOTO-00000192

Rapidamente se despregou sobre a zona un operativo composto por dúas avionetas, 3 camións dos Bombeiros Forestais da Xunta de Galicia e unidades do SEPRONA. A rápida acción dos efectivos despregados provocou a súa rápida extinción apenas unha hora despois. Aínda non se coñece a extensión de terreo queimado.