sábado 8/8/20
O 100% dos visitantes a feira usaban mascarillas

As feiras xa se parecen ás de antes da Covid

Moita xente, mitos postos, bo ambiente e moito polbo

As feiras xa se parecen ás de antes da Covid

A feira do 27 sempre ten sido das mellores do ano, e por suposto do que levamos de ano, tamén se cumpriu.

MOITA XENTE E MOITA SEGURIDADE

Estes días estamos a ver que en grandes concentracións de xente, polo país adiante, a xente non segue as medidas de seguridade impostas e recomendadas. Na feira desta mañá en Xinzo o 100% dos visitantes levabamos postas as mascarillas, cousa que todo o mundo agradecía.

MOITO AMBIENTE

Feira 27.07003O ambiente na nova localización dos postos era moi bo.  Nalgún momento, eso si, tivo que intervir a Policía Local para que algún dos feirantes, que non cumpría as normas de separación, levantara o seu posto, sen maiores consecuencias.

Ao longo da mañá a feira estivo animada coa presenza do equipo do programa da TVG Imos de feira, que estivo gravando parte do programa que será emitido pola canle galega nas vindeiras semanas.

MOITOS POSTOS DE POLBO E CARNE AO CALDEIRO

Xa a parte central do campo da feira  se atopaba chea de postos de polbo, churrasco e carne o caldeiro. E xa foron bastantes os que acudiron a xantar como é costume.  É de esperar que a próxima feira do 14, sexa como as dos anos pasados. Isto será unha boa sinal para todos.

Feira 27.07008Feira 27.07007Feira 27.07006Feira 27.07005Feira 27.07004

IMG_20200727_112546Feira 27.07001Feira 27.07002