miércoles 30/9/20
O brutal impacto prodúxose cando un dos automóbiles invadiu a dirección do outro vehículo implicado

Excarcerada e trasladada ao CHUO unha muller ferida grave ao colidiren dous turismos en Baronzás

Minutos antes das nove desta noite tiña lugar un grave accidente de tráfico na localidade de Baronzás, en Xinzo de Limia, que obrigou a mobilizar ao helicóptero do 061 para trasladar a unha muller duns trinta anos ao CHUO, ferida de consideración. 

Accidente
O vehículo da muller ferida grave acabou impactando contra o valado perimetral dunha vivenda. | FOTO: Luis Veloso.

Unha muller duns trinta anos, segundo informou a Policía Local de Xinzo, resultou esta tarde noite ferida grave nunha colisión entre dous vehículos no cruce dunha das pistas que conectan a localidade de Baronzás (Xinzo de Limia) co polígono industrial antelán
O sinistro tivo lugar pouco antes das nove desta noite e víronse implicados dous turismos, dous Seat Ibiza, gris e azul, respectivamente. 

WhatsApp Image 2020-08-05 at 21.03.14Momento no que trasladan á ferida camiño do helicóptero, que xa agardaba no lugar. | FOTO: Luis Veloso. 

A ocupante do primeiro deles (Seat Ibiza gris) tivo que ser excarcerada polos efectivos do parque de bombeiros da capital antelá para poder ser trasladada ao Complexo Hospitalario Universitario Ourensán no helicóptero de emerxencia que se solicitou pola consideración das súas feridas.
Segundo explicaron testemuñas presenciais, o vehículo Seat Ibiza azul impactou de fronte contra o lateral dereito do automóbil ocupado pola muller ferida grave, logo de que este non respectase unha prioridade de paso. O impacto foi de tal brutalidade que desprazou ao coche da máis afectada para acabar colidindo co valado perimetral dunha vivenda próxima ao lugar do accidente

WhatsApp Image 2020-08-05 at 21.03.15Este Seat Ibiza alcanzou ao outro vehículo frontolateralmente. | FOTO: Luis Veloso. 

Os conductores dos dous vehículos presentan feridas de moi escasa consideración. Ao lugar do incidente acudiron a Policía Local, Protección Civil e os bombeiros do parque de Xinzo da Limia.

Comentarios