sábado 8/8/20
Accidente

Ferido grave un mozo de Xinzo nun accidente de moto

O mozo, de 23 anos, permanece ingresado no CHUO con prognóstico reservado.

Imaxe de Sindo Martínez.
Imaxe de Sindo Martínez.

Segundo informou La Voz de Galicia, un mozo de Xinzo, Yerai N. S., de 23 anos, resultou con feridas graves pasadas as dúas da tarde do día de onte –17 de xaneiro–, tras chocar a moto que conducía contra un turismo na N-525 en Xinzo.

O impacto produciuse cando, presuntamente, a condutora do coche –que resultou ilesa– invadiu o carril polo que transitaba o ferido cunha moto Honda de grande cilindrada. A consecuencia do golpe, o mozo saíu despedido ata se empotrar contra a fachada dun edificio da Avenida de Madrid.

Os equipos de emerxencias acudiron de inmediato ao lugar do contratempo logo de seren avisados por varios transeúntes. Os servizos médicos evacuaron ao mozo ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, onde ficou ingresado con prognóstico reservado. O accidentado, segundo testemuñas presenciais, non perdeu a consciencia a pesar da violencia do impacto tras o choque. 

Comentarios