Festa de gradación no IES Cidade de Antioquía

IMG_20190521_213016
Festa de gradación no IES Cidade de Antioquía

O humor e o glamour non faltaron

O alumnado de 2º de bacherelato do IES Cidade de Anqtioquía celebrou na tarde do martes 21 a festa de graducación unha vez rematadas as clases e a espera da selectividade. A festa na que non faltou o bo humor ademais do moito glamour, asistiron alumnado, profesorado e familiares dos graduados ata encher o salón de actos do centro. Como en todos os actos de gradación o profesorado encargouse da entrega dos diplomas coa conseguinte "calificación graciosa e simpática" de cada un dos alumnos e alumnas, respostando da mesma maneira o alumnado aos profesores e profesoras que durante os seis anos da educación secundaria acompañaron a formación dos mesmos.

Rematado o acto co video dos momentos máis memorables dos seis anos de estancia e viaxes, tocou a foto de familia nas escaleiras do edificio que foi case a súa casa nestes anos, para pasar despois a cena de gala nun restaurante da vila e continuar así a festa ata voltar para coller os libros e prepararse para a proba de acceso a universidade.

IMG_20190521_211836IMG_20190521_205833IMG_20190521_205018IMG_20190521_204955IMG_20190521_204457

IMG_20190521_204455IMG_20190521_204316IMG_20190521_204145