Unhas festas patroais impostas

IMG-20190708-WA0018
Unhas festas patroais impostas

Xinzo de Limia celebra as súas festas patroais en honor a Santa María cunha programación e presupostos fixados polo anterior goberno.

A alcaldesa, Elvira Lama, e o concelleiro de cultura, Ramiro Rodríguez, anunciaron a celebración das Festas Santa Mariña 2019, que terán lugar dende o 17 ata o 21 de xullo. Unhas xornadas que recollerán actuacións para todas as idades.

A pesar de que a propia alcaldesa sinala que o seu principal obxectivo é levar a cabo as mellores festas posibles, tamén recalca a estática situación na que se atopa o actual goberno ao ter que levar á práctica un esqueleto programático definido polo anterior mandato popular. Ramiro Rodríguez engade, “non é a programación que ouvéramos querido”. A isto súmaselle a limitada capacidade de actuación da concellería de Cultura, mermada por unha falta de orzamento que se remonta á alcaldía de Cabas López.

Ante estes acontecementos piden a comprensión dos habitantes da Limia e califican como necesario a participación cidadá tanto a nivel recreativo como a nivel económico, xa que segundo Lama, “canto máis recaudemos para as festas menos esforzo terá que facer o concello”.