jueves 24/9/20

Fiestras contará cunha depuradora para o vindeiro ano

Fiestras contará cunha depuradora para o vindeiro ano

    Os veciños e veciñas de Fiestras verán como se fai realidade unha das obras máis demandadas pois a fosa séptica xa estaba moi deteriorada. O Concello de Xinzo e a Confederación Hidrográfica poñen en marcha o proxecto que agora sae a concurso para poder realizalo canto antes. 

A obra vai consistir na construción dunha E.D.A.R de biodiscos que permite reducir custes de consumo e que elimina a contaminación acústica e os malos olores. 

Nun primeiro momento valorouse a posibilidade de que Fiestras poidera facer uso da depuradora de Laroá, pero finalmente optouse por facer unha propia para garantir a boa prestación do servizo. 

Este proxecto inclúe tamén outra actuación que consiste no enganche de 9 casas de Laroá á E.D.A.R. Trátase de facer un bombeo que conecte estas vivendas coa depuradora que ata agora fan uso da fosa séptica. 

Con estas actuacións o Concello de Xinzo quere responder ás demandas da veciñanza e mellorar a rede de saneamento nestas dúas parroquias.

O custe das obras asúmeo a Confederación Hidrográfica e o Concello aporta os terreos e faise cargo do mantemento das infraestruturas. 

Comentarios