lunes 28/9/20

A fonte do parque do Toural de Xinzo volve funcionar tras ser restaurada

O parque infantil tamén está listo para que os cativos poidan gozar das novas instalacións

A fonte do parque do Toural de Xinzo volve funcionar tras ser restaurada

   O parque do Toural estrea instalacións na zona reservada para o xogo infantil. Tras meses de denuncia dos usuarios o Concello de Xinzo acometeu as obras precisas co fin de garantir que os máis pequenos non correran perigo. 

.toural 3

Logo de anos de espera, o renovado parque conta agora con máis xogos como un tobogán de tubo que era un dos máis agardados polos nenos e nenas, segundo fontes municipais. Así mesmo tamén se cambiou o chan que agora é de caucho, antes era de area.

toural 1

Xunto con esta zona de xogo restaurada volveu funcionar a fonte do parque que levaba meses sen actividade. As reformas supuxeron un custo que ronda os 100.000 euros.

Comentarios