A Garda Civil atopa artefactos incendiarios en montes de Xinzo de Limia

lume
A Garda Civil atopa artefactos incendiarios en montes de Xinzo de Limia

Axentes da Garda Civil e efectivos municipais localizaron ata dous tipos diferentes de artefactos incendiarios nos montes da Limia. Foi durante a realización de labores de vixilancia e prevención de seguridade cidadá, cando encontraron un conato de incendio dun metro cadrado que afectaba a herba seca e follas.

Segundo informa Galicia Press, o lugar onde o atoparon foi no punto quilométrico 196,3 da N-525, en Xinzo de Limia.

Unha vez que extinguiron o lume usando medios mecánicos, as forzas de seguridade observaron que había un obxecto no interior da superficie queimada. Resultou ser un artefacto incendiario que constaba de dous parafusos de grandes dimensións e contaba cun conxunto de mistos e unha mecha. Agora a Garda Civil busca ao responsable ou responsables deste suceso.