jueves 1/10/20
Exclusiva

A Garda Real da S. M. El Rey de España desfilará por Xinzo

Estase barallando tamén a posibilidade de organizar unha xura de bandeira simbólica para todos os veciños e veciñas que non realizaran o servizo militar e queiran aprticipar deste acto.

caballos guardia real
Cabalos da Garda Real que desfilarán por Xinzo de Limia.

Xinzo de Limia será escenario dun impresionante desfile da Garda Real. A Garda Real é un corpo dependente das Forzas Armadas de España dedicado á protección do Rei de España e aos membros da Familia Real. Cunha longa historia que data desde a Idade Media, a Garda Real sufriu as vicisitudes da Monarquía en España, variando en gran medida na súa composición, número de efectivos e funcións.

Todo xurdiu coa visita a Xinzo de Limia da Capitana Sara Rivera López. De conversas con representantes do goberno e municipais, e ante a existencia dunha visita programada a Ourense para a realización de diversos actos, acordouse que finalmente o acto central da súa visita se realizase na capital da Limia.

Unha importante comitiva da Garda Real pasará unha semana na nosa provincia con actos programados en Xinzo e en Ourense. A hospedaxe será na nosa vila durante toda a semana. Este diario puido saber que xa estiveron visitando hoteis en Xinzo de Limia para concretar a estancia dos militares e representantes da Garda Real.

Realizarase un desfile a cabalo polo centro da vila con exhibición equina e de cans incluída. Os cabalos aloxaranse no Hipódromo da Lagoa de Antela ou no Campo da Feira. Para este último, o concello comprometeuse a facer algúns arranxos, se estes fosen precisos.

Estase barallando tamén a posibilidade de organizar unha xura de bandeira simbólica para todos os veciños e veciñas que non realizaran o servizo militar e queiran aprticipar deste acto. Prevese que a visita teña lugar no mes de maio.

Comentarios