sábado 31/10/20
Exército

A Garda Real visitará Xinzo o 18 de maio

O mesmo día 18 tamén visitarán Carballiño e o 19 estarán en Ribadavia, Celanova e o Barco de Valdeorras. Finalmente, o día 20, poderase ver á Garda Real en Verín e en Ourense

guardiareal
O Rei de España pasando revista á Garda Real.

Desde 1987, cando desapareceu a última unidade militar que quedaba en Ourense, a provincia do sur de Galicia tivo unha escasa presenza das forzas armadas. Mais iso cambiará ao longo deste mes de maio. Onte, a Subdelegación de Defensa presentou os actos da próxima visita da Garda Real á provincia, que terá lugar a partir do 18 de maio.

Chegarán acompañados de máis de 100 vehículos e 72 cabalos.

Comezarán na capital da Limia, en Xinzo, onde –como xa anunciou en exclusiva o dendealimia.com– realizarán unha serie de exhibicións con cabalos e desfilarán polas nosas rúas. Chegarán á nosa provincia os máis de 500 membros da compañía, integrada por soldados dos tres exércitos. Ademais, chegarán acompañados de máis de 100 vehículos, 72 cabalos, catorce motos Harley Davison e un grupo de cans. A moitos deles poderemos velos en Xinzo.

O mesmo día 18 tamén visitarán Carballiño e o 19 estarán en Ribadavia, Celanova e o Barco de Valdeorras. Finalmente, o día 20, poderase ver á Garda Real en Verín e en Ourense

Comentarios