jueves 09.07.2020
8.606.000 € presuposto do Concello para o ano 2020

O goberno cuatripartito de Xinzo aprobará os seus primeiros presupostos

No pleno ordinario a celebrar mañá ás 09:30

Equipo de goberno de Xinzo

Equipo de goberno de Xinzo o día da toma de posesión

 

 

 

Despois do parón da Covid 19 a corporación de Xinzo celebrará un pleno ordinario, no que se presentarán os primeiros presupostos da era de Elvira Lama, como alcaldesa de Xinzo.

MAIS INGRESOS QUE GASTOS

Segundo puido saber dendealimia os números grandes parten duns ingresos previstos de 8.400.000 € e uns gastos previstos de 7.606.000 €.

Tempo haberá de debullar as partidas orzamentarias unha vez sexan aprobadas.

LONGO PLENO

O pleno, ademais dos presupostos, a corporación terá que debater e aprobar ou rexeitar o Expediente 2081/2020. ANEXO ACORDO REGULADOR DE FUNCIONARIOS XINZO DE LIMIA (POLICÍA LOCAL).

No capitulo de cartos, tamén vai a aprobación se procede do Recoñecemento Extraxudicial de Crédito 1/2020: por importe de máis de 330.000 €

Outro punto da orde do día tratará os convenios coa CHMS

Concelleiros  da oposición en Xinzo (PP e Cs)

Expediente 1760/2020. APROBACIÓN DO CONVENIO ENTRE LA CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DEL MIÑO-SIL, O.A, Y EL AYUNTAMIENTO DE XINZO DE LIMIA SOBRE LA FINANCIACIÓN Y EJECUCIÓN DEL PROYECTO DE “DEMOLICIÓN DE LA PRESA DE GUDÍN EN EL RÍO FARAMONTAOS, TERMINO MUNICIPAL DE XINZO DE LIMIA (OURENSE). e Expediente 2079/2020. APROBACIÓN DO CONVENIO ENTRE LA CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA  DEL MIÑO-SIL, O.A. Y EL

Solicitude de apertura dos centros Ocupacionais e o Centro de día

Na mesma sesión lévanse para a súa aprobación dúas solicitudes a Xunta:

Expediente 2083/2020. Proposta para solicitar a apertura dos Centros Ocupacionais Expediente 2102/2020. Solicitude á Xunta de Galicia da reapertura do Centro de Día:

Como sempre ocorre nos plenos ordinarios rematará cos rogos e preguntas por parte dos concelleiros da oposición.