martes 10.12.2019

Gran asistencia á unha das feiras máis importantes de Xinzo

Unha mañá definida polo calor
Gran asistencia á unha das feiras máis importantes de Xinzo

Tras unha anterior feira pasada por auga, a deste 14 de agosto estivo definida polo sol que animou, aínda máis, aos veciños de Xinzo e aos turistas a recorrer unhas rúas cheas de postos nos que se podían atopar dende ferramentas ate xoguetes, pasando por roupa e hortalizas, todo, segundo os seus vendedores, a bo prezo.

feira3

Pero esta non é unha feira máis, senón que se trata dunha das máis importantes deste verán ao recibir gran afluencia de xente. Xente que ademais de ir ao mercadillo se convirte en parte da paisaxe abarrotando a meirande parte das terrazas dos bares da vila. Un bo momento para socializar e desfrutar dunha mañá polas rúas San Roque, Praza Maior e parque do Toural, nas que os feirantes desenvolven o seu oficio.

feira1

RECOLLIDA MÁIS TARDE DO NORMAL

Normalmente pasadas as dúas da tarde, xa non hai postos nas rúas ou quedan moi poucos. Onte eran ás catro da tarde e os postos da praza aínda estaban case sen desmantelar.

Tamén pasadas esas horas poidemos ver as caldeiras do "Pucho" rematando coa limpeza. Caldeiras que houbo que ampliar en número para poderlle dar pulpo a cantidade de xente que acudiu a feira máis grande do ano, o que algúns denominan "O FEIRON", aínda que eses mesmos din tamén, "nada comparado a fai 20 anos".

IMG_20190814_152222IMG_20190814_162749