viernes 3/12/21

O Grupo Municipal do BNG (Bloque Nacionalista Galego) no Concello de Xinzo da Limia, SOLICITA a paralización e anulación de xeito inmediato do expediente administrativo en curso para a obtención da preceptiva licenza municipal para Instalación de Plan

Según o escrito presentado nas oficinas do Concello A multinacional da construción radicada en Ourense comezou as obras dunha instalación...
Obras da planta que se está a montar en Ribeira, sin as debidas autorizacións según o BNG

Según o escrito presentado nas oficinas do Concello A multinacional da construción radicada en Ourense comezou as obras dunha instalación para planta de produción de mestura bituminosa en quente, Planta Asfáltica permanente, en Xinzo da Limia co preceptivo expediente municipal administrativo aínda en fase de exposición pública.

A sociedade construtora a día de hoxe xa executou obras de consolidación, explanación e preparación de terreos, de superficies de placas de forxado de formigón e canalizacións de drenaxe fluvial. Tamén foron iniciadas tarefas de instalación da infraestrutura básica de Planta Asfáltica (ver provisión de tanques de almacenaxe de asfalto nas imaxes adxuntas) sen contar coa preceptiva licenza e co expediente administrativo derivado aínda pendente de valorar e informar tralas posibles alegacións que cheguen ao consistorio en tempo, forma e prazo. Según comunica o concelleiro o Alcalde ten convocada unha reunión hoxe 24 as 12 da mañán no Centro Social de Parada de Ribeira cos veciños para falar sobre o tema. DAL, non pudo comprobar este último tema, posto que a oficiña de comunicación do Concello non comunicou nada os medios.

Comentarios